O Cego Andante

Fuxan Os Ventos
앨범 : Sempre E Mais Despois

Ábreme a portiña,
ábreme o postigo,
dame do teu lenzo
¡ai meu ben!
que veño ferido.
Pois se vés ferido
vés a mala hora,
que as miñas portiñas
¡ai meu ben!
non se abren agora.
Miña nai esperte,
nin tanto dormir,
veña ouvir un cego
¡ai meu ben!
cantar e tañir.
E se il canta e pide
dalle pan e viño,
dille ó triste cego
¡ai meu ben!
que siga o camiño.
Non quero seu pan,
nin quero seu viño,
quero que Rosiña
¡ai meu ben!
me ensine o camiño.
Culle, ou Rosiña,
a roca e o liño,
vai co triste cego
¡ai meu ben!
decirlle o camiño.
Anda, ou Rosiña,
máis outro pouquiño,
son curto de vista
¡ai meu ben!
non vexo o camiño.
De condes e duques
xa fun pretendida
e agora dun cego
¡ai meu ben!
véxome rendida.
Eu non che son cego,
nin Dios o permita,
sonche o conde Alberto
¡ai meu ben!
que te pretendía.
Adeus miña casa,
adeus meus quintais,
adeus compañeiras
¡ai meu ben!
para nunca máis.

관련 가사

가수 노래제목  
Fuxan Os Ventos Rorro  
Fuxan Os Ventos A Voda  
Fuxan Os Ventos Canto De Seitura  
Fuxan Os Ventos Romance De Dona Eusenda  
Fuxan Os Ventos A Sarandilleira  
Fuxan Os Ventos Ai, Rosina  
Fuxan Os Ventos O Estraperlo  
Fuxan Os Ventos Don Martinos  
Fuxan Os Ventos As Pachocas  
Teodoro & Sampaio O Amor E Cego  




가사 수정 / 삭제

댓글목록

등록된 댓글이 없습니다.